Ciencia no cole

Que é?

É a categoría de participación dos colexios de educación infantil e/ou primaria do concello de Pontevedra en Pontenciencia: Feira da Miniciencia.

Como participar?

  1. Inscrición previa en Pontenciencia: Os participantes remitirán cuberta, a ficha de inscrición previa para Pontenciencia, Ciencia no Cole ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra.
    Data: Xaneiro- febreiro 2018
  2. Obradoiro de métodos de investigación: recibiranse no propio centro os obradoiros formativos (un ou varios) sobre métodos de investigación aplicables á presentación dun proxecto de investigación en Pontenciencia.
    Data: Xaneiro- febreiro 2018
  3. Proxectos de Ciencia no Cole: os centros poderán participar cos seus proxectos de investigación, seleccionándoos entre as propostas elaboradas polos comités científicos universitarios ou ben de modo libre con temáticas propias, mais sempre axustándose ao indicado nas bases. Cada centro de ensino participará cos alumnos e coas alumnas de 5º/6º de primaria que considere e disporá dunha caseta expositora onde poderá presentar ata 4 proxectos de investigación.
    Data: Xaneiro 2018 – abril 2018
  4. Inscrición definitiva en Pontenciencia e concurso: Os participantes remitirán cuberta a ficha de inscrición definitiva en Pontenciencia, Ciencia no Cole ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra. Na ficha de inscrición haberá a opción de que os proxectos presentados poidan participar na fase de Concurso Pontenciencia. Tamén haberá que entregar un resumo de cada un dos proxectos realizados para que poida saberse coa antelación suficiente os proxectos que participarán en Pontenciencia e sexan coñecidos polo xurado do concurso.
    Data: abril 2018
  5. Organización da presentación en Pontenciencia: unha vez inscritos haberá que organizar os proxectos para a presentación na feira. Cada centro de ensino disporá dunha caseta expositora onde poderá presentar ata 4 proxectos de investigación. As condicións de exposición dos proxectos realizados realizaranse de acordo coas bases de participación en Pontenciencia.
    Data: 2- 27 maio 2018

Participantes

Os participantes nesta edición son alumnos de 5º- 6º de primaria dos seguintes centros:

  • CEIP Froebel
  • CEIP San Martiño
  • CEIP San Benito de Lérez
  • CEIP Santo André de Xeve
  • CEIP Ponte Sampaio
  • CEIP Vilaverde- Mourente
  • CEIP Marcón
  • CEE Príncipe Felipe
  • CPR Sagrado Corazón de Jesús
  • CPR Sagrado Corazón de Jesús de Praceres
  • CPR San José

Ver Galería de fotos