Comité Científico

Que é?

Un comité científico é un grupo de investigadores-docentes e alumnos do campus de Pontevedra, Universidade de Vigo, encargados de facer propostas temáticas de investigación aos participantes de Pontenciencia. Tamén prestan o seu asesoramento na resolución das dúbidas que poidan xurdir aos participantes, e realizan a valoración como xurado dos traballos presentados ao Concurso Pontenciencia.

Como participar?

Os membros do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo que decidiron participar tras recibir a proposta da Vicerreitoría do campus de Pontevedra, reúnense en grupos de traballo e realizan as propostas de acordo coas bases de participación en Pontenciencia e o contido das propostas de investigación.

Participantes

As especialidades dos integrantes dos comités científicos inclúen especialidades como: medio ambiente, edafoloxía, bioloxía vexetal, ecoloxía, educación, filoloxía, arte, medicina, fisioterapia, psicoloxía e deporte entre outras.