Inicio Subvencións/Convenios

Subvencións/Convenios

Información sobre as Subvencións

Coa finalidade de fomentar a participación de todos os sectores da comunidade educativa o Concello de Pontevedra considera necesario dotar as distintas asociacións e federacións de pais e nais, que desenvolven accións no eido da educación, dos instrumentos axeitados que lles permitan intervir activamente na vida escolar contribuíndo deste xeito a consecución de actuacións que se dirixan a comunidade educativa, a tal fin o servizo de educación elabora as bases reguladoras para a concesión das subvencións no eido de educación para o curso escolar.

Información sobre os Convenios

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA E A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE CENTROS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DE SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS E ACTIVIDADES EDUCATIVAS NOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Convenio de Colaboración para o apoio as ANPA na xestión e mantemento de servizos educativos complementarios – comedor e aula matinal (Plan Madruga)- e a realización de actividades educativas dirixidas á formación integral do alumnado e as súas familias, e a conciliación da vida laboral e escolar. Entre as actividades poden incluírse, entre outras: xornadas de formación, actividades de adquisición de hábitos e habilidades socio- saudábeis, campamentos de Nadal e verano, etc. para os alumnos/as do centros de ensino público no Concello de Pontevedra.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA E A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE CENTROS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS EN VERÁN E NADAL

Convenio de Colaboración para a prestación dun programa de actividades educativas de verán e Nadal no concello de Pontevedra