Que é?
É a categoría de participación dos alumnos dos colexios de educación infantil e/ou primaria do concello de Pontevedra e dos seus familiares en Pontenciencia: Feira da Miniciencia.
¿Como participar?
- Inscrición previa en Pontenciencia: Os/as participantes remitirán cuberta a ficha de inscrición previa en Pontenciencia, Ciencia en Familia ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra.
Data: Xaneiro – Febreiro - Obradoiro de métodos de investigación: para facilitar a participación en Pontenciencia dos alumnos/as e dos seus familiares, impartiranse uns obradoiros formativos sobre métodos de investigación aplicables á presentación dun proxecto de investigación en Pontenciencia.
- Proxectos de Ciencia en Familia: os/as participantes poderán realizar os seus proxectos de investigación seleccionando unha das propostas elaboradas polos comités científicos universitarios ou ben de modo libre con temáticas propias, mais sempre axustándose ao indicado nas bases. Cada alumno/a poderá participar cun máximo de 2 familiares e disporá dunha caseta expositora onde poderá presentar o seu proxecto de investigación.
Data: Xaneiro – Abril - Inscrición definitiva en Pontenciencia e Concurso: Os participantes remitirán cuberta, a ficha de inscrición definitiva en Pontenciencia, Ciencia en Familia ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra. Na ficha de inscrición haberá a opción de que os proxectos presentados poidan participar na fase de Concurso Pontenciencia. Tamén haberá que entregar un resumo do proxecto realizado para que poida saberse coa antelación suficiente os proxectos que haberá en Pontenciencia, e que sexan coñecidos polo xurado do Concurso.
Data: Maio
- Organización da presentación en Pontenciencia: unha vez inscritos haberá que organizar os proxectos para a presentación na feira. Cada participante disporá dunha caseta expositora que compartirá cun número de participantes por determinar, e onde poderá presentar ata 2 proxectos de investigación. As condicións de exposición dos proxectos realizados axustaranse ás bases de participación en Pontenciencia.