Pontenciencia é un proxecto organizado pola Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra en colaboración coa FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, que ten como obxectivo desenvolver o pensamento investigador entre as/os máis xoves. O proxecto pon ao alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia. Este ano será a décimo segunda edición.
O proxecto conta cunha serie de actores principais:
- Alumnado de educación primaria (que pode participar a través de dúas modalidades): Ciencia no cole e Ciencia en familia
- Alumnado de educación secundaria, bacharelato e formación profesional que participa nos Premios de investigación 2026
- Comités científicos (formados por profesorado universitario da Universidade de Vigo, e persoal investigador do CSIC, tanto do Centro Oceanográfico de Vigo como da Misión Biolóxica de Galicia)
- Cidadanía en xeral.
Obxectivos:
1.- Achegar a ciencia e a innovación dende o máis próximo e o cotiá.
2.- Promover a comprensión de conceptos ou fenómenos científicos.
3.- Espertar a curiosidade e o interese científico a nivel persoal/ colectivo
4.- Estimular a participación cidadá en procesos científicos.
5.- Visualizar a ciencia entre os nenos/as e o público en xeral.
O proxecto está financiado a través da “Convocatoria de axudas para o programa de cultura científica e da innovación” da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Os días 8 e 9 de maio de 2026, os/as investigadores/as presentarán o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: feira da miniciencia, e participan na fase de concurso do Premio Pontenciencia.
Pontenciencia 2026:XIII FEIRA da Miniciencia.
|
ANTES DA CELEBRACIÓN DA FEIRA |
DATAS 2026 |
|
|
Inscrición previa |
Outubro 2025- Febreiro 2026 |
Ciencia no cole / Ciencia en familia: |
|
Formación en métodos de investigación (opcional) |
Febreiro- Marzo |
Ciencia no cole: centros educativos Ciencia en familia: sede CEIP ou outras |
|
Selección da investigación que se realizará |
Febreiro-Marzo |
|
|
Realización da investigación |
Febreiro- Maio |
Nos centros educativos ou no lugar que elixa o participante |
|
Inscrición definitiva na feira e no concurso |
Maio |
|
|
Entrega do resumo/s do/s experimento/s |
Maio |
|
|
Preparación do experimento/ relator |
Maio |
Centro educativo ou no lugar que elixa o participante. |
Financiado por
Organización
Participa no photocall e comparte as túas imaxes co hastag #Pontenciencia
