O Premio Pontenciencia organízase para pór en valor e visibilizar os proxectos de investigación presentados a Pontenciencia. Poderán participar no premio as dúas categorías:
- Premio Pontenciencia, Ciencia no Cole.
- Premio Pontenciencia, Ciencia en Familia
- Premios de investigación. Homenaxe á muller investigadora.
Premio Centro Oceanográfico de Vigo:
Outorgado polo Centro Oceanográfico de Vigo, dependente do Instituto Español de Oceanografía (IEO)-CSIC, compete á mellor investigación en ciencias mariñas. Premiará a mellor investigación neste ámbito de entre todas as categorías de participación en Pontenciencia. Este premio poderase declarar deserto no caso de que ningunha das investigacións encaixe coa temática.
Nas bases de participación en Pontenciencia aparecen as características que se valorará o xurado, como a orixinalidade do proxecto, a metodoloxía realizada, a presentación de resultados, o informe, a presentación na caseta expositora etc.
Os proxectos premiados polo xurado recibirán cheques regalo en material escolar para a categoría de Ciencia no Cole e outros cheques regalo para a categoría de Ciencia en Familia.