Que é?
É a categoría de participación dos colexios de educación infantil e/ou primaria do concello de Pontevedra en Pontenciencia: Feira da Miniciencia.
Como participar?
- Inscrición previa en Pontenciencia: Os participantes remitirán cuberta, a ficha de inscrición previa para Pontenciencia, Ciencia no Cole ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra.
Data: Xaneiro- febreiro
- Obradoiro de métodos de investigación: recibiranse no propio centro os obradoiros formativos (un ou varios) sobre métodos de investigación aplicables á presentación dun proxecto de investigación en Pontenciencia.
Data: Xaneiro- febreiro - Proxectos de Ciencia no Cole: os centros poderán participar cos seus proxectos de investigación, seleccionándoos entre as propostas elaboradas polos comités científicos universitarios ou ben de modo libre con temáticas propias, mais sempre axustándose ao indicado nas bases. Cada centro de ensino participará cos alumnos e coas alumnas de 5º/6º de primaria que considere e disporá dunha caseta expositora onde poderá presentar ata 4 proxectos de investigación.
Data: Xaneiro – abril - Inscrición definitiva en Pontenciencia e concurso: Os participantes remitirán cuberta a ficha de inscrición definitiva en Pontenciencia, Ciencia no Cole ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra. Na ficha de inscrición haberá a opción de que os proxectos presentados poidan participar na fase de Concurso Pontenciencia. Tamén haberá que entregar un resumo de cada un dos proxectos realizados para que poida saberse coa antelación suficiente os proxectos que participarán en Pontenciencia e sexan coñecidos polo xurado do concurso.
- Organización da presentación en Pontenciencia: unha vez inscritos haberá que organizar os proxectos para a presentación na Semana da ciencia/ Feira. As condicións de exposición dos proxectos realizados realizaranse de acordo coas bases de participación en Pontenciencia.